Publicacións

Facendo un tornado

Imaxe
Como é dificil ver un tornado na nosa contorna, intentamos facer un no laboratorio.

Obradoiro de xabón e maquetas do sistema solar

Imaxe
Maquetas do sistema solar: Construir unha maqueta do sistema solar a distintas escalas non é tan sinxelo como nun principio se pensa, pero ao final conseguimolo. Obradoiro de xabón   Un pouco de agua, aceite e sosa son os ingredentes necesarios son necesarios para facer este obradoiro. Despois dun largo tempo de espera e dedicación coseguimos bos resultados. Aqui unhas fotos que representan o noso traballo.  

Visita ao Instituto de Cerámica de Galicia

Imaxe
Hoxe fumos a Santiago a coñecer de primeira man o Instituto de Cerámica de Galicia onde nos explicaron a que se adican, os seus laboratorios e a aplicación do I+D+I.

Ciclo das rochas

Imaxe
Realizamos unha simulación do ciclo das rochas a partir de chuches durante un par de recreos.

Relatorio sobre a muller e a nena na Ciencia e nas STEM

Imaxe
Contaba hoxe Marta Macho Stadler varias cousas moi interesantes, pero as seguintes son as esenciais: As estudantes precisan referentes femininas. Os estereotipos son sempre dañinos Con demasiada frecuencia etiquetamos ás alumnas como "traballadoras" e aos alumnos como "brillantes". Roles que son asumidos, por desgracia.  Adoitamos pensar nos e nas científic@s como xeniOs, cando detrás de cada descubrimento hai un enorme traballo e sacrificio persoal. Os premios Nobel foron concedidos abrumadoramente a homes, escollidos (claro está) por homes. A esta invisibilidade das mulleres científicas contribúen os medios de comunicación. Nas materias "de ciencias" as estudantes teñen unha valoración das propias capacidades inferiores ás reais, mentres que os estudantes as teñen por riba... Sendo os resultados académicos xusto o contrario. [Podedes ver todo o traballo na web do Proyecto ESTEREO de GenTIC]  E por último na reflexión final que todos e...

Selección Española de Ciencia 2018

Traemos unha noticia interesante: a revista QUO ven publicando nestes últimos anos unha listaxe de científicos e científicas da nosa contorna, coa intención de dar visibilidade a un colectivo que normalmente non sae nos medios. Nesta, xa, quinta edición o número de mulleres aínda é inferior a dos homes, pero achégase, nun paso máis a equivalencia plena (sempre parecen poucos, pero os pasos hai que dalos). Seguide o enlace para ver a noticia completa, unha ducia de persoas que traballan dende a Ciencia para o avance da sociedade.

Érase unha vez...

... un instituto no que o alumnado e o profesorado botaban en falta un pouco máis de Ciencia, o que non quere dicir que non tiveran xa un pouco de química. E aínda que parecía que todo ía lento como na xeoloxía, un leve empurrón (no sitio axeitado, xa o di a física) fixo que de súpeto todo bulira, como na bioloxía, con impulso eléctrico. E os números cadraron, coa axuda das matemáticas e desta omnipresente tecnoloxía. E así, ás veces, comezan as pequenas grandes historias.