Relatorio sobre a muller e a nena na Ciencia e nas STEM
Contaba hoxe Marta Macho Stadler varias cousas moi interesantes, pero as seguintes son as esenciais:
Podedes ver todo o traballo de divulgación que desenvolven na súa web de Mujeres con ciencia.
- As estudantes precisan referentes femininas.
- Os estereotipos son sempre dañinos
- Con demasiada frecuencia etiquetamos ás alumnas como "traballadoras" e aos alumnos como "brillantes". Roles que son asumidos, por desgracia.
- Adoitamos pensar nos e nas científic@s como xeniOs, cando detrás de cada descubrimento hai un enorme traballo e sacrificio persoal.
- Os premios Nobel foron concedidos abrumadoramente a homes, escollidos (claro está) por homes. A esta invisibilidade das mulleres científicas contribúen os medios de comunicación.
- Nas materias "de ciencias" as estudantes teñen unha valoración das propias capacidades inferiores ás reais, mentres que os estudantes as teñen por riba... Sendo os resultados académicos xusto o contrario. [Podedes ver todo o traballo na web do Proyecto ESTEREO de GenTIC]
- E por último na reflexión final que todos e todas debemos ter:
A igualdade empeza en min
Podedes ver todo o traballo de divulgación que desenvolven na súa web de Mujeres con ciencia.
Comentarios
Publicar un comentario