Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2019

Volando vou...

Imaxe
Este foi o gran día poñendo a proba os nosos avións, tentando que chegaran o máis lonxe posible, o maior tempo posible, sendo os máis fermosos posible... Grazas a tod@s!! En distancia gañou o modelo de Darío (12,57m), seguido do de Ariadna (12,35m) e o de Lei (11,48m). En tempo de voo gañou o de Anne (3,44 s), seguido do de Antón (3,09 s) e o de Claudia (3,03 s). En canto a estética o vencedor foi:

Pasta de papel

Imaxe
Para poder realizar os futuros proxectos necesitamos producir gran cantidade de pasta de papel. Hoxe seguimos coa produción nun gran ambiente:

O noso sistema Solar

Imaxe
E hoxe tamén comezamos a preparar o material para elaborar os planetas do Sistema Solar. Empregaremos pasta de papel, necesitamos papel vello que imos reciclar...

Fabricando avións...

Imaxe
Estivemos fabricando e probando os primeiros prototipos de avións de papel...

Avións!!

Imaxe
Imos iniciar un novo curso con novos experimentos. Un deles vai ser o deseño e proba de diferentes modelos de avións de papel. Existen moitos modelos posibles, que podemos atopar pola Internet: modelos de avións ,  máis modelos, e moitos máis modelos que sabemos facer. Neste experimento tentaremos deseñar avións que consigan chegar o máis lonxe e planear o maior tempo posible. Como ambalas duas cousas son moi complicadas simultáneamente, estableceremos duas categorías por separado: Distancia acadada en liña recta. Tempo de planeo. Para que as condicións ambientais non inflúan as probas de voo realizarémolas no pavillón do instituto. Velaquí un pequeno vídeo que explica as bases da aeronautica: