Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta actividade

Máis planetas, máis coches, máis aló...

Imaxe
Pouco a pouco todo vai tomando forma...

Decorando vehículos

Imaxe
Empezamos a dar forma aos vehículos, pois xa dominamos a tecnoloxía de autopropulsión grazas ao traballo nos prototipos (ou eso esperamos)...

Os planetas! Os planetas!

Imaxe
Nova técnica achegada pola profe Charo. A súa perseverancia fai que vexamos a luz! (aínda que como son planetas é a luz reflectida, que procede da estrela, o que realmente vemos)...

Not so fast, not so furious...

Imaxe
Seguimos deseñando e probando prototipos de vehículos autopropulsados. Non todos saen todo o ben que quereríamos...

Os planetas medran... ao igual que a dificultade para construilos...

Imaxe
Estamos a encontrar moitos problemas para poder elaborar os nosos planetas. O noso Sistema Solar non é tan sinxelo de imitar como pensabamos...

... a voltas co Sistema Solar

Hoxe no recreo seguimos avanzando coa pasta de papel. Intentamos empregar novas técnicas, a ver se podemos ter maior velocidade de secado...

O Sistema Solar

Imaxe
Iniciamos a construción dos planetas do Sistema Solar. Certos cálculos de escalas, nos levan a ter que ser flexibles na realización, e comezan os problemas técnicos do uso da pasta de papel...

Vehículos autopropulsados...

Imaxe
Iniciamos a construción e primeiras probas dos nosos vehículos autorpopulsados. Os prototipos nos ensinaron os aspectos críticos no deseño e funcionamento.

Simulación dun volcán

Imaxe
Ás veces, construír un modelo serve para visualizar mellor o que acontece (aínda que químicamente non teña moito sentido...):

Volando vou...

Imaxe
Este foi o gran día poñendo a proba os nosos avións, tentando que chegaran o máis lonxe posible, o maior tempo posible, sendo os máis fermosos posible... Grazas a tod@s!! En distancia gañou o modelo de Darío (12,57m), seguido do de Ariadna (12,35m) e o de Lei (11,48m). En tempo de voo gañou o de Anne (3,44 s), seguido do de Antón (3,09 s) e o de Claudia (3,03 s). En canto a estética o vencedor foi:

Pasta de papel

Imaxe
Para poder realizar os futuros proxectos necesitamos producir gran cantidade de pasta de papel. Hoxe seguimos coa produción nun gran ambiente:

O noso sistema Solar

Imaxe
E hoxe tamén comezamos a preparar o material para elaborar os planetas do Sistema Solar. Empregaremos pasta de papel, necesitamos papel vello que imos reciclar...

Fabricando avións...

Imaxe
Estivemos fabricando e probando os primeiros prototipos de avións de papel...

Avións!!

Imaxe
Imos iniciar un novo curso con novos experimentos. Un deles vai ser o deseño e proba de diferentes modelos de avións de papel. Existen moitos modelos posibles, que podemos atopar pola Internet: modelos de avións ,  máis modelos, e moitos máis modelos que sabemos facer. Neste experimento tentaremos deseñar avións que consigan chegar o máis lonxe e planear o maior tempo posible. Como ambalas duas cousas son moi complicadas simultáneamente, estableceremos duas categorías por separado: Distancia acadada en liña recta. Tempo de planeo. Para que as condicións ambientais non inflúan as probas de voo realizarémolas no pavillón do instituto. Velaquí un pequeno vídeo que explica as bases da aeronautica:

Escape room!

Imaxe
Nada mellor para acabar todo un ano de actividades que un escape room para poñer a proba as nosas mentes...

Disección de corazón

Imaxe
Todos temos un corazón... e as veces outro na man!