Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta noticia

Premio para o deseñador do noso logo

Imaxe
Hoxe fixemos entrega ao gañador do concurso do logo do noso Club de Ciencia do seu ben merecido premio. Parabéns para Darío!

Selección Española de Ciencia 2018

Traemos unha noticia interesante: a revista QUO ven publicando nestes últimos anos unha listaxe de científicos e científicas da nosa contorna, coa intención de dar visibilidade a un colectivo que normalmente non sae nos medios. Nesta, xa, quinta edición o número de mulleres aínda é inferior a dos homes, pero achégase, nun paso máis a equivalencia plena (sempre parecen poucos, pero os pasos hai que dalos). Seguide o enlace para ver a noticia completa, unha ducia de persoas que traballan dende a Ciencia para o avance da sociedade.