Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2018

Relatorio sobre a muller e a nena na Ciencia e nas STEM

Imaxe
Contaba hoxe Marta Macho Stadler varias cousas moi interesantes, pero as seguintes son as esenciais: As estudantes precisan referentes femininas. Os estereotipos son sempre dañinos Con demasiada frecuencia etiquetamos ás alumnas como "traballadoras" e aos alumnos como "brillantes". Roles que son asumidos, por desgracia.  Adoitamos pensar nos e nas científic@s como xeniOs, cando detrás de cada descubrimento hai un enorme traballo e sacrificio persoal. Os premios Nobel foron concedidos abrumadoramente a homes, escollidos (claro está) por homes. A esta invisibilidade das mulleres científicas contribúen os medios de comunicación. Nas materias "de ciencias" as estudantes teñen unha valoración das propias capacidades inferiores ás reais, mentres que os estudantes as teñen por riba... Sendo os resultados académicos xusto o contrario. [Podedes ver todo o traballo na web do Proyecto ESTEREO de GenTIC]  E por último na reflexión final que todos e

Selección Española de Ciencia 2018

Traemos unha noticia interesante: a revista QUO ven publicando nestes últimos anos unha listaxe de científicos e científicas da nosa contorna, coa intención de dar visibilidade a un colectivo que normalmente non sae nos medios. Nesta, xa, quinta edición o número de mulleres aínda é inferior a dos homes, pero achégase, nun paso máis a equivalencia plena (sempre parecen poucos, pero os pasos hai que dalos). Seguide o enlace para ver a noticia completa, unha ducia de persoas que traballan dende a Ciencia para o avance da sociedade.

Érase unha vez...

... un instituto no que o alumnado e o profesorado botaban en falta un pouco máis de Ciencia, o que non quere dicir que non tiveran xa un pouco de química. E aínda que parecía que todo ía lento como na xeoloxía, un leve empurrón (no sitio axeitado, xa o di a física) fixo que de súpeto todo bulira, como na bioloxía, con impulso eléctrico. E os números cadraron, coa axuda das matemáticas e desta omnipresente tecnoloxía. E así, ás veces, comezan as pequenas grandes historias.