Publicacións

Dan comezo as actividades do Club de Ciencia 2022-23: ARRANCAMOS!

Imaxe
 Comeza o curso e no LUGRISCIENTIA estamos xa quentando motores para arrancar a tope.  Tedes aquí o calendario provisional das sesións programadas do Club de Ciencias para o curso.  A reunión inicial para facer equipos de traballo e organizarmos terá lugar o martes 4 de Outubro ao mediodía. 

Calendario de actividades Curso 2021-2022

Imaxe
 

Saída do Club de Ciencia: Marisqueo en Cambados ...

Imaxe
Acabamos as actividades programadas para este curso cunha saída á provincia de Pontevedra. En primeiro lugar ruta en catamarán pola ría de Arousa con información sobre as bateas e o cultivo de mexillón, ostras e vieiras. Despois visita ao Museo do Salazón de O Grove e finalmente aprendendo a marisquear en Cambados. Algúns baño na praia para rematar a xornada!!! 😉 

Entrega de premios Club de Ciencia

Imaxe
Entrega de premios para os mellores deseños na actividade modelos de coronavirus: Sara Fernández Blanco e Hugo Suárez Rodríguez. Tamén entrega de premios para os mellores deseños na actividade de coches con material reciclado: Carlos Rodríguez Alonso e Carolina Roel Mosquera.  Parabens para todos!!! 👍

Impresión 3D, que marabilla!

Imaxe
Aprendendo a usar as novas impresoras 3D do club de ciencia e os programas informáticos Ultimaker Cura e Tinkercad, primeiros deseños feitos polo alumnado, para o ano que ven continuaremos coa impresión 3D. Sodes uns artistas!!! mirar fotos ... 👍