Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2019

Máis e máis pirámides (de Sierpinski)

Imaxe
Parece estes días que estamos no antigo Exipto no Club de Ciencia, con tanta labor construtora de pirámides. Pero no LugriScientia temos voluntarias e voluntarios con ganas de aprender e colaborar xuntos:

Esfera de aceite

Imaxe
Normalmente ensinamos, e aprendemos, que os líquidos non posúen forma propia e que adoptan a do recipiente que os conteñen. Pero isto non é de todo certo, xa que adquiren esa forma polo efecto da gravidade: en ausencia de forzas que actúen sobre eles os líquidos tenden á forma esférica [o motivo é moi interesante, profundo e apaixonante, pero o deixaremos para outra ocasión, ou para que o busquedes pola vosa conta: "o motivo de tantas esferas no Universo"]. Podemos ver este efecto nas estacións espaciais, pero se non temos tempo para viaxar ao espazo podemos simular o efecto mesturando 3 líquidos de diferente densidade: auga, alcol e aceite. A mestura de auga e alcol posúe unha densidade equivalente á do aceite, polo que o peso da masa do aceite se iguala ao empuxe que exerce a mestura auga-alcol. Ver para crer:

Capilaridade

Imaxe
Outra característica xogando coa auga. A capilaridade vese mellor a toda cor:

Pirámides cada vez maiores...

Imaxe
Acadando pirámides de tamaño xa respetable...

Fractais, camiño da pirámide final...

Imaxe
Seguimos a traballar coas latas, estamos a piques de finalizar a última das pirámides, nun traballo inxente, aprendendo, colaborando e divirtíndonos!

Propiedades da auga

Imaxe
Hoxe estivemos investigando e comprobando varias das peculiares propiedades da auga que permiten a existencia da vida: Tensión superficial:   Elevada calor específica:

Rematamos a pirámide de Sierpinski! (feita con tetraedros)

Imaxe
Tras moito traballo conseguimos rematar a nos propia pirámide de Sierpinski feita con tetraedros. Estas imaxes son a nosa recompensa:

Temperatura e densidade

Imaxe
Cando se atopan as correntes de auga cálidas con outras masas máis frías sepáranse por diferenza de densidades. Hoxe o vimos no laboratorio: