Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta visita

Casa das Ciencias

Imaxe
Visitamos á Casa das Ciencias da Coruña, nada mellor que aprender tocando, experimentando, e para rematar unha sesión personalizada no planetario. Moitas grazas a tod@s!!

Excursión á Ría do Grove

Imaxe
Hoxe coñecimos de primeira man como traballan as mariscadoras, a influencia do ser humano nos ecosistemas (moito plástico!), e a maravilla dun ecosistema que sendo tan próximo moita veces descoñecemos.

Fabricando fármacos

Imaxe
Equipados con material de protección de laboratorio, hoxe traballamos na Domus da Coruña simulando a preparación dun fármaco. Seguimos todos os pasos que realmente se realizan, aprendimos moitas técnicas que no noso IES non podemos realizar. Aquí a reportaxe que resume un pouco todo o que fixemos:

Visita á EDAR de Bens

Imaxe
Hoxe achegámonos á EDAR de Bens, onde observamos os procesos de depuración de augas residuais, incluído o novedoso sistema de aproveitamento do gas producido a partires da liña de fangos.

Converxencias Arte e Ciencia

Imaxe
Hoxe acudimos á interesantísima exposición STEAM no Ágora, na que se amosan as fortes interrelacións entre Arte e as Ciencias.

Visita ao Instituto de Cerámica de Galicia

Imaxe
Hoxe fumos a Santiago a coñecer de primeira man o Instituto de Cerámica de Galicia onde nos explicaron a que se adican, os seus laboratorios e a aplicación do I+D+I.