Relatorio sobre a muller e a nena na Ciencia e nas STEM

Contaba hoxe Marta Macho Stadler varias cousas moi interesantes, pero as seguintes son as esenciais: As estudantes precisan referentes femininas. Os estereotipos son sempre dañinos Con demasiada frecuencia etiquetamos ás alumnas como "traballadoras" e aos alumnos como "brillantes". Roles que son asumidos, por desgracia. Adoitamos pensar nos e nas científic@s como xeniOs, cando detrás de cada descubrimento hai un enorme traballo e sacrificio persoal. Os premios Nobel foron concedidos abrumadoramente a homes, escollidos (claro está) por homes. A esta invisibilidade das mulleres científicas contribúen os medios de comunicación. Nas materias "de ciencias" as estudantes teñen unha valoración das propias capacidades inferiores ás reais, mentres que os estudantes as teñen por riba... Sendo os resultados académicos xusto o contrario. [Podedes ver todo o traballo na web do Proyecto ESTEREO de GenTIC] E por último na reflexión final que todos e...