Que somos?

Érase unha vez un instituto no que o alumnado e o profesorado botaban en falta un pouco máis de Ciencia, o que non quere dicir que non tiveran xa un pouco de química. E aínda que parecía que todo ía lento como na xeoloxía, un leve empurrón (no sitio axeitado, xa o di a física) fixo que de súpeto todo bulira, como na bioloxía, con impulso eléctrico. E os números cadraron, coa axuda das matemáticas e desta omnipresente tecnoloxía.

E así, ás veces, comezan as pequenas grandes historias. Esta é a bitácora do Club de Ciencias do IES Urbano Lugrís de A Coruña, que demos en chamar:

LUGRISCIENTIA 

 

Licencia de Creative Commons
Todos os materiais de LugriScientia están baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Comentarios