Avións!!

Imos iniciar un novo curso con novos experimentos. Un deles vai ser o deseño e proba de diferentes modelos de avións de papel.

Existen moitos modelos posibles, que podemos atopar pola Internet: modelos de aviónsmáis modelos, e moitos máis modelos que sabemos facer.

Neste experimento tentaremos deseñar avións que consigan chegar o máis lonxe e planear o maior tempo posible. Como ambalas duas cousas son moi complicadas simultáneamente, estableceremos duas categorías por separado:
  • Distancia acadada en liña recta.
  • Tempo de planeo.
Para que as condicións ambientais non inflúan as probas de voo realizarémolas no pavillón do instituto.

Velaquí un pequeno vídeo que explica as bases da aeronautica:



Comentarios