Esfera de aceite

Normalmente ensinamos, e aprendemos, que os líquidos non posúen forma propia e que adoptan a do recipiente que os conteñen. Pero isto non é de todo certo, xa que adquiren esa forma polo efecto da gravidade: en ausencia de forzas que actúen sobre eles os líquidos tenden á forma esférica [o motivo é moi interesante, profundo e apaixonante, pero o deixaremos para outra ocasión, ou para que o busquedes pola vosa conta: "o motivo de tantas esferas no Universo"].

Podemos ver este efecto nas estacións espaciais, pero se non temos tempo para viaxar ao espazo podemos simular o efecto mesturando 3 líquidos de diferente densidade: auga, alcol e aceite. A mestura de auga e alcol posúe unha densidade equivalente á do aceite, polo que o peso da masa do aceite se iguala ao empuxe que exerce a mestura auga-alcol.

Ver para crer:

Comentarios