Érase unha vez...

... un instituto no que o alumnado e o profesorado botaban en falta un pouco máis de Ciencia, o que non quere dicir que non tiveran xa un pouco de química. E aínda que parecía que todo ía lento como na xeoloxía, un leve empurrón (no sitio axeitado, xa o di a física) fixo que de súpeto todo bulira, como na bioloxía, con impulso eléctrico. E os números cadraron, coa axuda das matemáticas e desta omnipresente tecnoloxía.

E así, ás veces, comezan as pequenas grandes historias.

Comentarios